Valores

O noso obxectivo e a da comunidade na que nos apoiamos, é rachar co modelo de negocio tradicional, promovido polas empresas de software propietario, ofrecendo ós nosos clientes o control total da súa inversión sen ter que "estar atado" a unha empresa de software determinada nin ós seus contratos abusivos de por vida.

A liberdade e innovación que ofrece a comunidade Open Source dentro do marco empresarial e no da educación, e o amplo abanico de solucións existentes no mercado permite poñer o foco na solución final e non no custo de desenrolo, nin no simple pago por mercar licenzas. Neste caso o custo é cero.

Axudamos ós nosos clientes a incorporarse á nova era das tecnoloxías da información (TIC's), abaratando o custe de inversión que conleva e asesorándolle sobre as mellores opcións existentes dende o punto de vista de profesionais especializados. Aproveitar a tecnoloxía correctamente permitiralle ser máis competitivo no seu desempeño diario.

No caso da administración pública e o sector educativo, entre outros grandes consumidores de software profesional, se está a dar conta do gran volume de inversión que se require para obter os dereitos de explotación das súas aplicacións. Por iso, agora se está a modificar a política en canto a adquisición de software a favor da implantación de produtos Open Source.

O crecemento da comunidade mundial que desenrola software de "fonte aberta" foi abraiante nos últimos anos. A cantidade de coñecemento que se xerou é moi importante. De feito, son algunhas de estas comunidades as que foron provocando radicais cambios nas ferramentas e metodoloxías das que na actualidade fai uso a industria TIC.

Por outro lado, usar solucións libres axuda á economía local.

O Open Source chegou para quedarse. Pouco a pouco vai entrando en case todas as áreas nas que se utiliza non só nun ordenador senón en moitos outros dispositivos tecnolóxicos. Seguirá a innovar e manterá esta base de coñecemento aberta para impulsar a alfabetización tecnolóxica do mundo.